• carrusel_tarifas1
  • carrusel_tarifas2


    Listado de espazos


    Atopa o teu sitio

    img_galeria_01 img_galeria_01
    img_galeria_02
    img_galeria_03
    img_galeria_04
    img_galeria_05
    img_galeria_06
    img_galeria_07
    img_galeria_08


    Siguenos en:

    A Coruña

    Situada nunha pequena península ao noroeste de España e con máis de dous mil anos de historia, A Coruña é na actualidade unha cidade dinámica, de carácter cosmopolita e aberta á innovación e ao futuro.

    O centro da cidade esténdese sobre unha península unida á terra firme por un estreito istmo que presenta dúas fachadas marítimas distintas: a portuaria e outra de mar aberto onde se sitúan as principais praias urbanas.

    No ámbito turístico, a cidade conta con importantes atractivos. Ademais do seu notable paseo marítimo, que con 15 quilómetros é un dos máis longos de Europa, A Coruña destaca pola súa monumental Cidade Vella, as galerías de La Marina —-que lle deron o sobrenome da «Cidade de Cristal»— ou a Torre de Hércules, o único faro romano en activo na actualidade que foi declarado recentemente Patrimonio da Humanidade.

    A oferta cultural e de ocio da cidade é tamén unha das máis completas do norte de España, cun variado programa de actividades ao longo de todo o ano que inclúe festivais de jazz, ópera e teatro, de prestixio nacional e internacional, e cunha ampla rede de salas de exposición e museos, entre os que destacan os Museos Científicos Coruñeses (Domus, Aquarium Finisterrae e Casa das Ciencias).


    Para máis información, consulte os seguintes enlaces:

     

     

    ALOXAMENTO



    A cidade da Coruña dispón dunha oferta hoteleira da máxima calidade.

    Nos últimos anos incrementouse significativamente a apertura de hoteis de alta categoría na cidade, coa instalación das principais cadeas hoteleiras nacionais.

    Na actualidade, A Coruña dispón dun hotel de cinco estrelas e nove hoteis de catro estrelas, algúns dos cales están situados nas proximidades de PALEXCO.

     

    Subir ^

     

    TRANSPORTE

     

    Grazas á situación de PALEXCO, en pleno centro da cidade e a escasa distancia das principais vías de entrada e saída, o acceso ao centro de congresos é rápido, cómodo e fácil.

    O aeroporto de Alvedro, no que operan diariamente voos nacionais e internacionais, está situado a só 9 quilómetros de PALEXCO, un traxecto de apenas 15 minutos.

    As estacións de trens e autobuses da Coruña están situadas no núcleo urbano, sendo por tanto próximas ao enclave do Palacio.

    Por último, PALEXCO está situado en plena área portuaria, onde desembarcan os pasaxeiros de transatlánticos, iates e veleiros procedentes de todos os lugares do mundo.

     

    Subir ^


    RESTAURACIÓN

     

    A gastronomía galega pódese degustar tanto nos restaurantes máis elegantes e selectos coma nos animados locais de tapas e copas que salpican as rúas da zona vella e que animan a noite coruñesa calquera día da semana.

     

    Subir ^


    LECER


     

    A cidade ofrece innumerables actividades culturais e de lecer. En calquera época do ano pódese gozar de instalacións náuticas e deportivas, museos, exposicións, galerías de arte, teatro, concertos, óperas, recitais ou música de cámara. Todo iso sen esquecer o atractivo de percorrer a zona comercial polas súas rúas máis céntricas, onde se pode adquirir a mellor moda internacional de marca galega.

     

    Subir ^



     Compartir: