• carrusel_tarifas1
  • carrusel_tarifas2


    Listado de espazos


    Atopa o teu sitio

    img_galeria_01 img_galeria_01
    img_galeria_02
    img_galeria_03
    img_galeria_04
    img_galeria_05
    img_galeria_06
    img_galeria_07
    img_galeria_08


    Siguenos en:

    A Asociación de Palacios de Congresos e Exposicións de Galicia (APCG) nace para promover e impulsar na comunidade o turismo de negocios

    Madrid (Feira de Fitur), 18 de xaneiro de 2012.

    Os tres palacios de congresos existentes na comunidade galega crearon a Asociación de Palacios de Congresos de Galicia (APCG) co fin de potenciar na nosa rexión o sector do turismo de reunións ao que dan servizo.

    Do mesmo xeito que sucede no resto de España, esta parcela da industria turística de Galicia é unha das que xera maior impacto económico nas localidades nas que se desenvolve, sendo un importante dinamizador da actividade hostaleira e de restauración, así como do transporte, o comercio e o sector servizos en xeral.

    A asociación foi constituída polos tres recintos congresuais referentes da comunidade, o Palacio de Exposicións e Congresos da Coruña (PALEXCO), o Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia, situado en Santiago, e o Palacio de Congresos Mar de Vigo.


    Os palacios, xeradores de riqueza a nivel local


    Os Palacios de Congresos son instalacións de carácter polivalente preparadas para albergar desde congresos e convencións de empresa de gran formato, ata salóns e feiras temáticas, así como múltiples eventos de carácter local e de menor dimensión (sector MICE, Meetings, Incentives, Conventions and Exhibitions), o que as converte nun permanente foco de atracción de visitantes autóctonos e foráneos, facendo que miles de visitantes pasen por estes recintos ao cabo do ano.

    Por este motivo, e tendo en conta a actual conxuntura económica, os responsables dos palacios galegos consideraron que era de especial interese unir forzas para potenciar un sector turístico estratéxico e cun forte impacto na actividade empresarial e comercial da contorna no que operan.

    En consecuencia, desde a APCG buscarase promover os intereses do sector ante todos os axentes implicados e ante as administracións competentes, así como intercambiar información e experiencias entre os profesionais, defendendo a figura dos palacios de congresos como eixos vertebradores do turismo de congresos e reunións en Galicia.

     

    Accións de comercialización e captación de eventos

    As principais accións que promoverán os membros da APCG estarán dirixidas a potenciar a actividade e comercialización dos recintos. Así mesmo, fomentarase a posta en marcha de actividades promocionais que axuden a proxectar a imaxe de Galicia como un destino referente á hora de celebrar eventos.

    Madrid (Feria de Fitur), 18 de enero de 2012.-

    Los tres palacios de congresos existentes en la comunidad gallega han creado la Asociación de Palacios de Congresos de Galicia (APCG) con el fin de potenciar en nuestra región el sector del turismo de reuniones al que dan servicio.

    Al igual que sucede en el resto de España, esta parcela de la industria turística de Galicia es una de las que genera mayor impacto económico en las localidades en las que se desarrolla, siendo un importante dinamizador de la actividad hotelera y de restauración, así como del transporte, el comercio y el sector servicios en general.

    La asociación ha sido constituida por los tres recintos congresuales referentes de la comunidad, el Palacio de Exposiciones y Congresos de A Coruña (PALEXCO), el Palacio de Congresos y Exposiciones de Galicia, ubicado en Santiago, y el Palacio de Congresos Mar de Vigo.

     Compartir: