• carrusel_tarifas1
  • carrusel_tarifas2


    Listado de espazos


    Atopa o teu sitio

    img_galeria_01 img_galeria_01
    img_galeria_02
    img_galeria_03
    img_galeria_04
    img_galeria_05
    img_galeria_06
    img_galeria_07
    img_galeria_08


    Siguenos en:

    PALEXCO prevé pechar este exercicio cun incremento significativo en ocupación e asistencia

    A Coruña, 5 de outubro de 2010.- PALEXCO prevé pechar este exercicio cun incremento significativo en ocupación e asistencia, á vista dos datos rexistrados no que vai de ano e de acordo coa previsión de eventos planificados para o último trimestre.

    A instalación congresual superará previsiblemente a final de ano os 145.000 visitantes, o que supón case 6.800 persoas máis que en 2009 e un crecemento do 5%. Respecto da ocupación, espérase que a finais de 2010 PALEXCO teña actividade durante 222 días (300 se se teñen en conta os días de montaxe), o que supón un 10% máis que en 2009. Ademais, tal e como matiza o xerente do recinto Enrique Pena, ?estanse pechando aínda eventos para finais de ano, polo que os datos poderían ser ata mellores?.


    Este ano caracterizouse por un incremento de eventos de gran formato, que superan as 2.000 persoas, e de longa duración. O 81,25% dos congresos, tiveron ou van ter, unha duración igual ou superior a catro días.

    En canto aos sectores, o 32% dos eventos programados este ano en PALEXCO pertencen ao sector servizos; o 22% ao médico.sanitario; o 14% ao sector de administración, política ou relixión: o 13% ao económico-financeiro; o 6% ao cultural; o 4% ao social; o 3% ao científico e o 3% ao tecnolóxico.

    Un ano de grandes eventos
    Ao longo de 2010 PALEXCO acolleu importantes eventos de carácter nacional e internacional. No primeiro semestre realizáronse aquí tres dos congresos máis concorridos que se celebran en España: o Congreso Nacional da Sociedade Española de Radioloxía Médica (SERAM), o Congreso Nacional de Coidados Paliativos e o Congreso Nacional da Sociedade Española de Pneumoloxía e Cirurxía Torácica (SEPAR). En cada un deles superáronse as 2.000 persoas.

    Igualmente, o Palacio foi o escenario de dúas importantes reunións da Unión Europea: o Consello Europeo de Transporte 2010, que reuniu na Coruña aos máximos responsables europeos de Transporte; e a Conferencia previa ao Consello Europeo de Pesca, que reuniu tamén aos ministros do ramo.

    Entre xullo e setembro, o perfil das reunións foi de formato medio, coa celebración de eventos como o Congreso Nacional de Estatística e Investigacións Operativas, o Congreso Máxico Nacional ou o Congreso de Miocardiopatías, que han desprazada á cidade da Coruña a unha media de 600 persoas.

    Para o que queda de ano, están previstos uns trinta eventos máis entre congresos, salóns, reunións, convencións e reunións corporativas.

    Último trimestre

    Este último trimestre do ano concentrará a tempada de salóns, que arrincou xa a principios de outubro co 3º Salón de Outlet, Alén. Esta iniciativa, orientada a apoiar ao pequeno comercio, reuniu nesta edición a 100 establecementos e recibiu uns 60.000 visitantes.

    No que queda de ano celebraranse tamén outros dous eventos xa ?tradicionais? no outono da cidade: Expobec e Nadaliño, que todos os anos atraen a visitantes de toda Galicia.

    Doutra banda, os meses de outubro e novembro acollerán reunións profesionais como o XXXI Simposium ANAPORC 2010, que abordará todas as novidades do sector porcino, e o Congreso SEDAP, a reunión anual da Sociedade Española de Directivos de Atención Primaria.

     Compartir: