• carrusel_tarifas1
  • carrusel_tarifas2


    Contacta connosco


    Atopa o teu sitio

    img_galeria_01 img_galeria_01
    img_galeria_02
    img_galeria_03
    img_galeria_04
    img_galeria_05
    img_galeria_06
    img_galeria_07
    img_galeria_08


    Siguenos en:

    Palexco renova as certificacións de calidade

    O recinto implantou en 2007 a “Q” de Calidade Turística e a ISO 9001

    A Coruña, 23 de novembro de 2010.- O Palacio de Congresos e Exposicións da Coruña, PALEXCO pasou con éxito a Auditoría de Recertificación da “Q” de Calidade Turística e a correspondente á Norma UNE ISO 9001:2008. Renova así o seu compromiso coa calidade e continúa sendo o único palacio de congresos de Galicia certificado.

    PALEXCO implantou o sistema de xestión de calidade no ano 2007 e tras tres anos de vixencia renovou os selos outorgados polo Instituto de Calidade Turística Española e AENOR, respectivamente.

    A “Q” de Calidade Turística, un recoñecemento que outorga o Ministerio de Industria, Turismo e Comercio a través do ICTE, avala a calidade, seguridade e profesionalidade dos servizos de PALEXCO, achegándolle ademais diferenciación no sector turístico. A instalación congresual coruñesa é a única de Galicia, e unha das poucas de España, que conta con esta distinción.

    Así mesmo, a renovación da norma internacional UNE-NISO 9001:2008 reflexa a preocupación de PALEXCO por mellorar a satisfacción do cliente. A certificación promove un sistema de calidade orientado á mellora continua.

    A renovación da “Q” de Calidade Turística e da ISO 9001:2008 realizouse de forma paralela no Palacio da Ópera, xestionado pola mesma empresa concesionaria. En ambos os casos consolídase a calidade da xestión e a mellora dos procesos e servizos, o que permitirá continuar co fortalecemento no mercado nacional e internacional.

     Compartir: