• carrusel_palacio1
  • carrusel_palacio2
  • carrusel_palacio3


    Listado de espazos


    Atopa o teu sitio

    img_galeria_01 img_galeria_01
    img_galeria_02
    img_galeria_03
    img_galeria_04
    img_galeria_05
    img_galeria_06
    img_galeria_07
    img_galeria_08


    Siguenos en:

    Palacio

    O Palacio de Exposicións e Congresos da Coruña, PALEXCO, comeza a súa actividade en marzo do 2005, apoiándose na solidez dun equipo directivo con ampla experiencia na xestión de recintos congresuais.

    É un espazo moderno, accesible e polivalente, idóneo para a celebración de calquera tipo de evento ou acontecemento.

    O edificio forma parte dun complexo de 22.000 metros cadrados, deseñado polos afamados arquitectos César Portela e Ricardo Bofill, e convertido xa nunha construción icónica na cidade. Desde a súa posta en marcha foi escollido para acoller múltiples eventos empresariais, científicos e culturais de todo tipo, congresos de máis de 4.000 persoas, presentacións de produto ou reunións de empresa de menor formato.

    A forte vocación de servizo e a busca permanente da excelencia, valeulle, na súa aínda curta vida, ser distinguido co premio OPC ao mellor Palacio de Congresos de España. No ano 2006 foi ademais finalista do premio APEX, alzándose como un dos tres mellores palacios de congresos do mundo.

     Etiquetas: , Congresos, exposiciones, Palacio
     Compartir: