Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

XIII Feira Matemática 2019

30 marzo, 2019 | 12:00 pm
Feira Matermaticas 2019

Dende o ano 2000 celébrase en España o 12 de maio como Día Escolar das Matemáticas e en Agapema, na Zona de A Coruña, celebrámolo dun xeito especial, cunha FEIRA MATEMÁTICA.

O lema deste ano para o Día Escolar das Matemáticas é «Matemáticas e Cartografía», o que vos pode dar unha idea para a preparación de actividades ou material.

A celebración, adicada a todas as etapas do ensino, consiste nunha Feira na que cada Centro, cada profesor, cada grupo de alumnos pode expoñer, vender, mercar unha ou máis propostas didácticas ou actividades entre as que considere oportuno.

Este ano a XIII FEIRA MATEMÁTICA celebrámola o 30 de marzo, sábado, no Hall de Proa de PALEXCO, dende as 11 h ata as 20 h.

Convocamos tamén tres concursos: de Fotografía Matemática, de Matmonólogos e de Esopías. Para participar nestes concursos, teredes que entrar no MATEBLOG (xa está aberto). Os concursos están abertos a todos os que queiran participar, sexan estudantes de calquer nivel, profesores ou calqueira que o desexe. (Ver premiados no concurso do ano pasado)

Queremos contar coa vosa participación para ir enchendo isto, que quere ser un espazo de comunicación con todos vós. Animádevos e non esquezades que contamos con todos, cos vosos traballos e colaboracións para poder levar adiante esta actividade que consideramos ambiciosa dabondo pero que paga a pena.

Se queres participar enchendo un posto cos teus estudantes e aportando actividades, inscríbete neste formulario.

Por todo isto, dende xa, esperamos as vosas aportacións para que a Feira sexa unha realidade.

Conforme avancemos no tempo, iremos colocando nesta web as novas que teñamos e as informacións que vos poidan ser de utilidade, tanto para participar como ‘visitantes’ ou como ‘comerciantes’.

Quedades, polo tanto, convidados todas e todos a participar o 30 de marzo de 2019, na

XIII Feira Matemática
en Palexco

Comisión organizadora:

Isabel Miguélez Pose
Marisol Pérez Blanco
Carmen Peñamaría Ramón
Sandra Sambade Nieto (IES de Pastoriza, Arteixo)
Mª Cristina Naya Riveiro (Fac.Ciencias da Educación. Univ. da Coruña)
Francisco Álvarez Fontenla
Óscar Dominguez Perez (CFR de A Coruña)
Santiago López Arca
Enrique de la Torre Fernández (Fac.Ciencias da Educación. Univ. da Coruña)

Contacto: [email protected]

Detalles

Organizador

  • Palexco

Recinto

  • palexco
  • Coruña Sport Woman 2026

    Palexco acogerá Coruña Sport Woman (Feria de la Corredora) los días previos a la Carrera de la Mujer 2026, que se celebra el 27 de septiembre

    [Ver más]
    25 septiembre 2026

    Raiola Marketing Conference 2026

    El próximo 26 de septiembre, Raiola Marketing Conference 2026 te espera en Palexco. Planazo para un sábado.

    [Ver más]
    26 septiembre 2026

    BIOTICAMENTE

    Bioticamente es una conferencia motivacional única en A Coruña que reúne en una sola jornada a cuatro grandes referentes.

    [Ver más]
    30 septiembre 2026

    40 aniversario Vicente Amigo

    El maestro de la guitarra flamenca Vicente Amigo celebra cuatro décadas de una trayectoria artística excepcional con una gira única.

    [Ver más]
    31 octubre 2026